Encontros naturalistas
Os Encontros Naturalistas son unha das máis representativas actividades de divulgación medioambiental que realiza o Grupo Naturalista Hábitat periodicamente, de cara os seus socios e público en xeral. Poden consistir en actividades ao aire libre ou relatorios que se imparten no noso local.
Nos Encontros Naturalistas contamos coa participación de expertos en multitude de disciplinas, os cales comparten os seus estudos, coñecementos e experiencias persoais cos asistentes, sempre co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio natural que nos rodea.
Encontros Naturalistas 2025
Nesta páxina iremos incorporando información sobre os nosos Encontros Naturalistas do ano en curso. Así e todo, para estar ao día das nosas actividades, sempre podes subscribirche ao noso blog.
12 de xaneiro
Andaina ambiental pola costa da CoruñaAndaina ambiental
Breve itinerario polo paseo marítimo do Portiño observando a flora e fauna.
16 de febreiro
Paseo naturalista pola praia de Alba (Arteixo)Paseo naturalista
Poñeremos en valor a zona de duna da praia de Alba e daremos a coñecer os valores ambientais da zona e os perigos que a ameazan.
2 de abril
Andaina ambiental Torre de HérculesAndaina ambiental
Gozaremos da contorna natural do ENIL Torre de Hércules cos pequenos do CEIP Víctor López Seoane.
12 de abril
Atropelos de anfibiosAtropelos de anfibios
Abordaremos unha das principais ameazas para os anfibios: os atropelos nas estradas.
15 de maio
Andaina ambiental Torre de HérculesAndaina ambiental
Gozaremos da contorna natural do ENIL Torre de Hércules cos alumnos e docentes do CPR Nebrija Torre de Hércules.
17 de maio
Andaina na costa de Doniños (Ferrol)Andaina naturalista
Ruta sinxela para gozar da natureza e descubrir os valores ecolóxicos e paisaxísticos da zona.
18 de maio
Polinizadores para familias18 de maio
Polinizadores para familias4 de xuño
Roteiro ao Río Lagar e Castro de ElviñaRío Lagar e Castro de Elviña
Aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats desta área na contorna do casco urbano.
7 de xuño
Día Mundial do CirrioDía Mundial do Cirrio
Xornada de observación centrada nos cirrios na zona portuaria da Coruña.
22 de xuño
Herbas de San XoánHerbas de San Xoán
Xunto á Asociación Brexa de Carral, falaremos das plantas que forman parte desta tradición.
29 de xuño
Andaina polos muiños de Casal e BordónMuiños de Casal e Bordón
Andaina ambiental no Concello de Carral, coñecendo algúns bosques de ribeira ben conservados, así como outros espazos degradados.
9 de xullo
Exploración da fauna do solo e impacto da flora invasoraFauna do solo
No ENIL Torre de Hércules, coñeceremos os animais que habitan no solo e a súa importancia ecolóxica para manter a saúde dos ecosistemas.
12 de xullo
Andaina costeira e plogging na ErmidaAndaina e plogging
Percorreremos o litoral entre a praia de Alba e Repibelo, en Arteixo, descubrindo a biodiversidade e recollendo residuos.
21-24 de xullo
Descubrindo os espazos verdes públicosEspazos verdes públicos
Xornadas para coñecer, descubrir, e avaliar o estado dos espazos verdes da Coruña.
5 de agosto
Fauna nocturna de BribesFauna nocturna
Percorrido interpretativo por Bribes (Cambre) para coñecer algunhas das especies que están activas durante a noite.
Encontros Naturalistas 2024
7 de xaneiro
Aves de SadaObservación de aves
Na praia de Sada, identificaremos as diversas especies mariñas e costeiras, comprendendo os seus comportamentos e hábitos migratorios.
21 de xaneiro
Aves da Lagoa de SobradoObservación de aves
Observaremos as aves e a diversidade de especies de flora a fauna deste espazo dentro da nosa Reserva de Biosfera.
17 de febreiro
Andaina Torre de HérculesAndaina ambiental
Gozaremos da flora e fauna presente na contorna natural do ENIL Torre de Hércules.
27 de febreiro
Parque de DornedaSegredos do parque de Dorneda
Visitaremos a contorna do parque de Dorneda (Oleiros) da man dos alumnos do I.E.S Armando Cotarelo Valledor.
11 de marzo
Análise do estado ecolóxico dun espazo naturalEstado ecolóxico dun espazo natural
Xornada de aprendizaxe e análise do estado ecolóxico do espazo natural da contorna da Torre de Hércules.
17 de marzo
Andaina Torre de HérculesAndaina ambiental
Gozaremos da flora e fauna presente na contorna natural do ENIL Torre de Hércules.
7 de abril
Paseo polo río MeroPaseo polo río Mero
Pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o río Mero.
3 de maio
Observación de anfibios en CarralObservación de anfibios
Descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa.
7 de maio
Andaina ambiental ENIL Torre de HérculesAndaina ambiental
Xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules co C.P.R. Nebrija Torre de Hércules.
22 de xuño
Plantas de San Xoan en CarralPlantas de San Xoan
Descubriremos as diferentes herbas que se poden empregar para a noite de San Xoan.
3 de agosto
Libélulas do Encoro de Abegondo-CecebreAs nosas libélulas
Paseo entre o encoro e o río Mero para aprender sobre as diferentes especies de libélulas.
10 de agosto
Libeliñas das EncrobasLibeliñas das Encrobas
Visita ó Lago de Meirama para observar diferentes especies de odonatos e aprender moito deles.
9 de novembro
Arañas do outonoArañas do outono
Guiados por Sabela Tubío, descubriremos as arañas da Torre de Hércules.
24 de novembro
Outono nas Fragas do EumeOutono nas Fragas do Eume
Exploraremos a riqueza do noso Patrimonio Natural no Parque Natural das Fragas do Eume.
7 de decembro
Aves de Santiago de CompostelaAves de Santiago de Compostela
Aprenderemos a identificar as especies de aves máis comúns e descubriremos como conviven co entorno urbano.
Encontros Naturalistas 2023
14 de xaneiro
Aves do Encoro Abegondo-CecebreAves de Cecebre
Visitaremos o Encoro de Abegondo-Cecebre, onde nos adentraremos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época.
19 de xaneiro
Aves da Ría do BurgoAves da Ría do Burgo
Adentraremonos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época na ría.
11 de febreiro
Estrelas e fauna NocturnaEstrelas e fauna Nocturna
Desfrutaremos da fauna nocturna e das estrelas do ceo de inverno coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
19 de marzo
Paseo polo río MeroPaseo polo río Mero
Paseo en familia para desfrutar dun pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o río Mero.
12 de xuño
Natureza e cancións25 de xuño
As bolboretas de MabegondoBolboretas de Mabegondo
Xornada para observar e aprender dalgunhas das especies de bolboretas da nosa contorna.
14 de xullo
Pinceladas de naturezaPinceladas de natureza
Obradoiros para a ilustración e o coñecemento da biodiversidade.
3 de novembro
Observación de anfibiosObservación de anfibios
Descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa en Carral.
5 de novembro
Aves do Encoro de Abegondo-CecebreAves do Encoro de Abegondo-Cecebre
Xornada ornitolóxica para observar aves no Encoro de Abegondo-Cecebre.
12 de novembro
Saída Botánica no MandeoSaída Botánica
Paseo polo río Mandeo mentres aprendemos das árbores da man de Iván Rodríguez Buján e de Eva Martínez Veiga.
Encontros Naturalistas 2022
5 de febreiro
Celebración do Día das Zonas Húmidas 2022Día das Zonas Húmidas
Actividade de posta en valor das zonas húmidas no Encoro de Abegondo-Cecebre.
12 de febreiro
Andaina ambiental pola costa da Coruña - As aves da Ría de BetanzosAniversario do nacemento de Charles Darwin
Paseo pola costa do concello de A Coruña e observación de aves na Ría de Betanzos.
18 de marzo
Andaina ambiental coa Fundación Juan SoñadorAndaina ambiental
Sairemos ao campo acompañados dos participantes do programa Teranga, unha iniciativa da Fundación Juan Soñador.
19 de marzo
Andaina ambiental no río MandeoAndaina ambiental
Roteiro duns 2 km á beira do río Mandeo para desfrutar do case comezo da primavera.
26 de marzo
Andaina ambiental polo parque de BensAndaina ambiental
Visitaremos o parque de Bens, descubrindo a súa biodiversidade e gozando das fermosas vistas que concede este espazo.
2 de abril
Andaina ambiental nas Fragas do EumeAndaina ambiental
Roteiro duns 7 km á beira do río Eume para desfrutar dalguns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural.
3 de abril
Andaina ambiental polo Monte de San PedroAndaina ambiental
Ollaremos e conversaremos sobre a flora e fauna que atopemos nun roteiro polo Monte de San Pedro.
14 de maio
As bolboretas de AbegondoAs bolboretas de Abegondo
Xornada para observar e aprender dalgunhas das especies de bolboretas que podemos ver na nosa contorna.
29 de maio
Andaina ambiental pola contorna de Santa CristinaAndaina ambiental
Visitaremos a bocana da ría do Burgo e falaremos de flora e fauna, pero tamén de impactos ambientais, presentes e futuros deste espazo natural.
31 de xullo
As bolboretas de MabegondoBolboretas de Mabegondo
Visitaremos o CIAM para observar bolboretas e poñer en valor a importancia dos prados na conservación destes insectos.
6 de agosto
Andaina ambiental no río MeroAndaina ambiental
Faremos unha pequena andaina vendo a flora e fauna que nos podemos atopar nas contornas do río Mero.
22 de outubro
Aves do encoro de Abegondo-CecebreAves de Cecebre
Visitaremos o Encoro de Abegondo-Cecebre, onde nos adentraremos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época na contorna do encoro.
Encontros Naturalistas 2021
28 de xaneiro
Ecoloxía da candorca e introdución ás interacciónsEcoloxía da candorca
Charla de Alfredo López sobre o modo de vida das candorcas e o peculiar comportamento rexistrado no verán de 2020
5 de febreiro
Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do CourelLife Oso Courel
Óscar Rivas falaranos do proxecto para favorecer o asentamento do oso de forma compatible coas actividades humanas
17 de febreiro
Efectos de prácticas forestales sobre la biodiversidad y custodia de territorio de Quercus SonoraPrácticas forestales
Sandra Goded falaranos de como o cambio da paisaxe afecta á biodiversidade e da custodia do territorio e educación que realiza a Asociación Quercus Sonora
19 de febreiro
As gaivotas en Galicia. Introdución á identificación de gaivotas.Gaivotas
Da man de Xabi Varela aprenderemos as claves para poder identificar as diferentes especies de gaivotas que podemos atopar en Galicia
24 de febreiro
Introducción al mundo de las hormigasIntroducción al mundo de las hormigas
Pablo Mancebo Vendrell falaranos das pequenas, abraiantes e, moitas veces, descoñecidas formigas.
26 de febreiro
Estudio de mariposas nocturnasBolboretas e avelaíñas
David César Manceñido falará das bolboretas e avelaíñas e do seu traballo na provincia de León.
5 de marzo
Gozando da noite. Primeiros pasos para iniciarse na astronomía.12 de marzo
ANSE, 48 años de conservación y recuperación de la naturaleza de la España semiáridaTraballando pola conservación: ANSE
Contaremos con Pedro García Moreno, da Asociación de Naturalistas del Sureste (ANSE), fundada en 1973.
19 de marzo
Patrimonio forestal sostenible: la controversia del eucaliptoPatrimonio forestal sostenible
Marta Lamigueiro Durán falará da plantación de eucaliptos nun patrimonio forestal galego e a súa lexislación.
22 de marzo
El mundo invisible del agua: las algasAlgas
Celebramos o Día Mundial da Auga coa Dra. Daiane Trevisan Ruwer26 de marzo
¿Son las praderas marinas un tesoro oculto?Praderas marinas
A Dra. Verónica García Redondo nos falará sobre as pradeiras mariñas de Zostera, a súa importancia e o porque da súa conservación.
8 de abril
Asociación Abejas SilvestresAbellas silvestres
A divulgación e conservación das abellas silvestres, con Ignasi Bartomeus e Ainhoa Magrach.9 de abril
Estado de conservación de los helechos riparios más amenazados de GaliciaFentos
Coñeceremos o estado de conservación dos fentos riparios que están máis ameazados da man do Dr. Luis García Quintanilla.
16 de abril
Cambios en las comunidades de macroalgas intermareales de GaliciaMacroalgas intermareais
A Dra. Cristina Piñeiro Corbeira falará sobre os cambios que sofren as comunidades intermareais de Galicia.
23 de abril
Revista Maresía: 10 años divulgando la naturaleza cantábricaRevista Maresía
Contaremos con César Álvarez Laó para coñecer esta magnífica iniciativa de divulgación da natureza.
7 de maio
El mundo ignorado de las plantasO Dr. David González Jara falará do apaixonante mundo das plantas e como a cegueira vexetal o levou a escribir o libro “El reino ignorado”.
21 de maio
O raposo e a Enfermidade de LymeO raposo e a Enfermidade de Lyme
Chisco Lema falaranos sobre o efecto cascada do raposo no risco da Enfermidade de Lyme.
7 de outubro
Outono en marcha con Senda NovaOutono en marcha: dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños
Iniciativa da Asociación Ambiental Senda Nova, presentada por Xosé Manuel Menéndez.
Encontros Naturalistas 2020
22 de xaneiro
Achégate aos morcegosAchégate aos morcegos
Da man de Zeltia López, da Asociación DROSERA, afondaremos no mundo dos morcegos
12 de abril
Introdución á herpetoloxía galegaIntrodución á herpetoloxía galega
Coñeceremos de preto os anfibios e réptiles da nosa contorna con Ricardo Ferreiro
22 de abril
Introdución á ornitoloxíaIntrodución á ornitoloxía
Xabier Varela nos abrirá as portas ao apaixoante mundo das aves
26 de abril
A saramaganta (Chioglossa lusitanica): historia dun endemismo ibéricoA saramaganta
Descubriremos este endemismo ibérico da man do compañeiro e experto herpetólogo Martiño Cabana
10 de maio
Falando de lobos: O lobo na escolaFalando de lobos
Os compañeiros do Grupo Lobo e do Proxecto Rebinxe amosarán os seus proxectos de divulgación e investigación
19 de maio
Introdución á vida secreta das abellasIntrodución á vida secreta das abellas
Conmemoramos o Día Mundial das Abellas coa compañeira Elia Pérez
18 de xuño
Proxecto Ríos: 15 anos unindo ríos e persoasProxecto Ríos
Con Virginia Rodríguez e Ramsés Pérez coñeceremos un dos proxectos ambientais máis destacados da nosa comunidade
2 de xullo
Siglo XIX en España: ¿Había entonces tantos lobos?Siglo XIX en España: ¿Había entonces tantos lobos?
O Dr Carlos Nores virá a falarnos do lobo en España, dende a perspectiva do século XIX
5 de xullo
A noite é necesaria. Contaminación luminosa e medio ambiente.Contaminación luminosa
Falaremos desta problemática con Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.
29 de novembro
O Monte Xalo dende unha perspectiva socio-ecolóxicaMonte Xalo
Con Beatriz Rodríguez-Morales falaremos deste espazo de gran interese arqueolóxico, histórico, etnográfico e natural
3 de decembro
Presentación do libro Guía definitiva das aves de GalizaGuía definitiva das aves de Galiza
Presentación por parte de Nacho Munilla, coautor da guía
11 de decembro
Presentación do libro María das Herbas e as Herbaxeiras do CaurelMaría das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria.
Presentación por parte de María Moure de Oteyza, autora do libro
13 de decembro
Compañeiros escondidos: miñocas e micro-miñocas dos nosos solosMiñocas e micro-miñocas dos nosos solos
Contaremos con Rüdiger Schmelz para descubrir os segredos dos anélidos.
15 de decembro
O que o granito de construción tradicional agochaO granito de construción
Achegarémonos, con David Freire-Lista, ao patrimonio material e inmaterial asociado ao granito.
22 de decembro
Lobos mariños: os fillos de IthLobos mariños
Falaremos con Alfredo López das chegadas de lobos mariños cincentos ás nosas costas nestas datas.
Encontros Naturalistas 2019
14 de febreiro
El estudio del polen para la reconstrucción del paisaje holocenoEstudo do polen
A Dra. Sandra Robles López virá a falarnos do seu traballo no mundo da palinoloxía
1 de marzo
Conservación en ZECs da Rede Natura 2000Prioridades de protección de dúas especies ameazadas nunha Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000
15 de marzo
El cangrejo de río autóctono. Tan español como el Juego de la OcaEl cangrejo de río autóctono
O Dr. Carlos Nores invitanos a descubrir o misterio que esconde o cangrexo de río autóctono.
Encontros Naturalistas 2018
26 de xaneiro
Os visóns en EspañaVisones en España: ¿Los hay buenos y los hay malos?
O Dr. Carlos Nores Quesada virá a falarnos sobre os visóns presentes en España.
21 de febreiro
Fragas do Mandeo, sete anos custodiando a natureza de As MariñasFragas do Mandeo
Fernando Bandín falará do traballo desta organización baixo o marco da custodia do territorio.
3 de marzo
Roteiro interpretativo pola costa de Dexo25 de abril
Betula, un compromiso co bosque atlánticoOs amigos de Betula virán a amosarnos o seu traballo, centrado na contorna das Fragas do Eume.
14 de maio
Creando la Red Ibérica de Guardianes del BosqueRed Ibérica de Guardianes del Bosque
Os compañeiros de Reforest-Acción Network virán a falarnos desta iniciativa.
16 de xuño
1m2 por la NaturalezaXornada de limpeza na praia da Abeleira
Encontro cidadán para concienciar e sensibilizar á sociedade ante o problema do abandono de residuos.
18 de agosto
Memorial Javier BandeAs avelaiñas do Encoro de Cecebre
Achegámonos ó mundo das bolboretas nocturnas en memoria de Javier Bande.
7 de outubro
Asociación BiomasAsociación Biomas: formación e conservación máis aló das nosas fronteiras
Relatorio de Lara Carrasco.
9 de decembro
X Maratón Ornitolóxica no concello da CoruñaCoruñAves
Procuraremos ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves ao longo da mañá.
Encontros Naturalistas 2017
14 de xaneiro
PicafollasPicafollas
Damián Romay e Daniel Monteagudo falarán das diferentes subespecies de picafollas de Galicia.20 de xaneiro
Xabarís urbanos. Un problema emerxenteXabarís urbanos
O Dr. Carlos Nores Quesada virá a falarnos sobre a problemática emerxente dos “Xabarís urbanos”.
9 de marzo
Presentación do Proxecto NouchoProxecto Noucho
Dani Monteagudo, Carla Soaje e Santiago Vázquez falarán da iniciativa de Hábitat para as rapinas nocturnas.19 de abril
10 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas10 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas
Analizaremos a situación actual da man de expertos da nosa comunidade.
29 de xuño
Que fago se atopo un animal ferido?Que fago se atopo un animal ferido?
Por Pablo R. González Novoa, Biólogo e Técnico de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre.
28 de xullo
Macrofotografía: o arte de achegarse á naturezaMacrofotografía
Luis Manuel Iglesias falará desta arte como ferramenta para achegarse á natureza e presentará as súas obras máis recentes.
18 de agosto
As avelaiñas da Torre de HérculesAvelaiñas
Guiados por Elia Pérez, instalaranse elementos para a observación e identificación.
27 de setembro
25 anos entre golfiños e baleas1 de outubro
Día das aves7 de novembro
Xornada micolóxicaXornada micolóxica
Relatorios centrados no coñecemento e a divulgación dos cogomelos e obradoiro de identificación.
17 de decembro
IX Maratón Ornitolóxica no concello da CoruñaIX CoruñAves
Procuraremos ver e identificar o maior número posible de especies de aves dentro da Coruña.