Continuamos con nosos Encontros Naturalistas, nesta ocasión contaremos co compañeiro e ornitólogo Xabier Varela, quen nos introducirá na identificación das gaivotas.
Xabi Varela é vixiante ambiental de profesión e naturalista de vocación. Ten gran experiencia no eido da ornitoloxía pola contorna Galega, especialmente nos grupos de aves limícolas e gaivotas, aos que dedica a maior parte do seu tempo en campo. Da súa man aprenderemos as claves para poder identificar as diferentes especies de gaivotas que podemos atopar en Galicia.
A emisión será este venres, 19 de febreiro do 2021, ás 20:30h., baixo o título “As gaivotas en Galicia. Introdución á identificación de gaivotas”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment