Seguimos coa divulgación ambiental a través dos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual. Desta volta, centraremos a nosa atención nun espazo gran interese arqueolóxico, histórico, etnográfico e cultural, pero tamén cunha gran relevancia natural: o Monte Xalo. Das montañas máis altas da Coruña, e que acubilla o pico máis alto da comarca de As Mariñas. Espazo referido no Catálogo das Paisaxes de Galicia, e encadrado dentro da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
E para falarnos desta contorna, teremos connosco a Beatriz Rodríguez-Morales, Doutora Enxeñeira de Montes pola Universidade de Santiago de Compostela. O pasado mes de xullo, Beatriz publicou a súa tese de doutoramento titulada “Analysis of the social perception of ecosystem services on a peri-urban communal forest from northwestern Spain: a social-ecological approach” (tradución: “Análise da percepción social dos servizos ecosistémicos nun monte veciñal en man común periurbano do noroeste español: unha aproximación socio-ecolóxica)”. Nela, analiza a percepción e valoración da sociedade, en xeral -e dos propietarios e visitantes, en particular-, sobre os aspectos positivos que lles reportan os montes veciñais do Xalo (Culleredo, A Coruña), aplicando na análise unha perspectiva social, participativa e de xénero.
A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 29 de novembro ás 13h. Se estás interesado en participar como público, poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través delas. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo á relatora.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment