Nestes días o G.N.Hábitat retoma a actividade no seu local social, coa cautela e limitacións que a situación de emerxencia sanitaria fan necesarias. E que mellor xeito de comezar nesta nova etapa, que continuar cos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta, contaremos de novo co compañeiro e Dr. Carlos Nores Quesada, profesor honorario do Instituto de Recursos Naturales y Ordenación del Territorio (INDUROT), Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos.

Agardando sempre as súas visitas e conferencias, onde combina á perfección historia natural, ecoloxía e bioloxía da conservación, nesta ocasión virá a falarnos do lobo en España, dende a perspectiva do século XIX. 

La idea imperante entre la gente que trabaja con lobos en España es que en el siglo XIX teníamos el país lleno de lobos, y desde entonces la regresión ha sido imparable. Sin embargo, los datos indican que esto no es así, al menos en una buena parte del país, entre la que se encuentra Galicia. Si queremos conocer lo que de verdad representa la situación actual del lobo debemos acudir las fuentes primarias y evitar las ideas preconcebidas (Dr. Carlos Nores).”

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 2 de xullo, ás 20:30h, no noso local social. Para a asistencia é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a asistencia á xornada. En calquera caso, seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Así e todo, poderás gozar tamén desta conferencia en directo, conectando libremente como público a través das nosas canles Facebook ou YouTube.

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

 

Agardámoste!