Nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta contaremos coa compaña dos nosos amigos da Asociación Betula que virán a amosarnos o seu traballo, centrado na contorna das Fragas do Eume,  dentro do marco da custodia do territorio.

Betula, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico, procura a conservación e recuperación do patrimonio natural, cultural e paisaxístico mediante a custodia do territorio, a través de ferramentas e accións de concienciación cos xestores territoriais.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro mércores 25 de abril ás 20:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!