Aproveitando a boa meteoroloxía, velaquí unha nova convocatoria dos nosos paseos pola natureza! Desta volta visitaremos a contorna de Santa Cristina, na bocana da ría do Burgo. Falaremos novamente de flora e fauna, pero tamén de impactos ambientais, presentes e futuros, que teñen como foco este espazo natural. Un encontro para a conversa, o coñecemento, e a reflexión sobre a compatibilidade das actividades humanas e a conservación do noso patrimonio natural.

A actividade terá lugar o vindeiro domingo 29 de maio, de 10 a 12h (aproximadamente). A xornada é de balde e aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!