Este venres, 11 de decembro do 2020, temos un novo Encontro Naturalista. Nesta ocasión presentaranos o seu libro, María Moure de Oteyza, licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. María traballou durante dous anos nas terras do Caurel, onde adquiriu coñecementos da cultura popular das plantas medicinais. Tal foi a súa sona entre os veciños do Caurel que lle comezaron a chamar “María das herbas” polo seu interese aos usos tradicionais das plantas, as súas lendas e refráns. Todo o saber recollido durante estes dous anos, María douno a coñecer impartindo conferencias e obradoiros ao longo destes anos, pero o seu soño era que todo este traballo de Etnomedicina se recollese nun libro, que quedase escrito para as xeracións futuras e non se perdese co tempo. Por este motivo, María Moure presentaranos o seu primeiro volume da triloxía María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel”. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria, onde nos conta a súa experiencia no Caurel coas plantas medicinais como fío condutor. 

A emisión desta conferencia será en directo, o venres, 11 de decembro, ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Agardámoste!