Este domingo, 12 de novembro do 2023, daremos un paseo polo río Mandeo nun novo Encontro Naturalista, mentres desfrutamos e aprendemos das árbores autóctonas da man de Iván Rodríguez Buján e de Eva Martínez Veiga, compañeiros de Hábitat e grandes coñecedores da nosa flora.

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Achégate connosco!