Felis sylvestris, Gato bravo

O gato bravo (Felis sylvestris) é unha especie presente en Galicia, pero da que non hai moita información publicada. Por iso, é necesario actualizar o coñecemento sobre a súa distribución e abundancia, ademais de realizar unha aproximación á súa presenza histórica na comunidade.
Por este motivo, o gato bravo foi escollido como Especie do Ano 2014 na recentemente creada Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo (MCeTM), grazas á colaboración do Grupo de Desenvolvemento Rural As Mariñas Betanzos, da propia Reserva e do Grupo Naturalista Hábitat.
Para afondar no coñecemento da abundancia e distribución de gato bravo, iniciamos una campaña de recollida de citas, tanto históricas como actuais, de avistamentos ou de atropelos. Para facilitar o tratamento de datos, poñemos á vosa disposición unhas fichas de recollida de datos. Estas fichas foron elaboradas a partir das deseñadas polos membros do Proyecto Gato Montés, a quen agradecemos.
Tríptico en formato PDF
Para facer un pouco máis accesible esta especie tan descoñecida, temos editado un tríptico coa información dispoñible ata o momento
Artigos e publicacións sobre gato bravo
Por orde cronolóxica de máis recente a máis antigo:
Webs e blogs de interese
Xornada
Programa:
09:00 – Recepción dos asistentes
09:15 – Apertura da xornada
09:30 – Un gato con cola de zorro. Carlos Nores (Universidad de Oviedo)
10:45 – El gato montés en la Cordillera Cantábrica. Héctor Ruiz (Proyecto gato montés)
12:00 Descanso
12:15 – O gato bravo en Galicia. Xosé Pardavila (Grupo de Estudio dos Animais Salvaxes, G.E.A.S.)
13:30 – O gato bravo na Reserva da Biosfera Mariñas Terras do Mandeo. Grupo Naturalista Habitat.
Sede: Forum Metropolitano da Coruña (Rúa Río de Monelos 1)













