Seguimos cos nosos Encontros Naturalistas, cunha nova xornada en formato virtual. Desta volta falaremos dunha problemática de ampla repercusión ambiental: a contaminación luminosa.

E para falarnos deste asunto teremos a sorte de contar con Martin Pawley, Coordinador do grupo de traballo sobre Contaminación Luminosa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, entidade á que leva vencellado case dende o seu nacemento en 2002. Martin mantén dende hai cinco tempadas, cada domingo, unha sección sobre astronomía no programa “Con voz” de Radiovoz, e colabora tamén no programa “Efervesciencia” da Radio Galega. Así mesmo, escribe unha columna mensual sobre contaminación luminosa na Revista Astronomía. En 2018 recibiu o primeiro premio FAAE (Federación de Asociaciones Astronómicas de España) á divulgación astronómica.

A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 5 de xullo ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

 

Agardámoste!