Cartel

Neste mes de marzo teremos unha xornada moi especial nos nosos Encontros Naturalistas. Nesta ocasión contaremos coa presenza dos compañeiros Dani Monteagudo, Carla Soaje e Santiago Vázquez, avezados coñecedores das aves da nosa contorna, que virán a presentar o recentemente voado Proxecto Noucho, iniciativa do G.N.Hábitat creada por naturalistas e estudosos das aves, entusiastas das rapinas nocturnas, que utilizando como base o estudo e a recollida de información ten como obxectivo mellorar o estado de conservación dos nosos benqueridos mouchos, bufos, avelaionas e curuxas, poñendo en valor as rapinas nocturnas ante institucións e público en xeral.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves 9 de marzo ás 20:30h no noso local social. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada

Anímate e ven connosco!