Este domingo, 21 de xaneiro do 2024, como a marea está alta a media mañá, decidimos ir a dar un paseo onde non afecte se a marea está alta ou baixa. Por iso escollemos a lagoa de Sobrado dos Monxes, para observar as aves e a diversidade de especies de flora a fauna que podemos atopar neste espazo dentro da nosa Reserva de Biosfera, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Así tes unha cita este domingo, de 10:30 a 13:30h para visitar esta lagoa en Sobrado dos Monxes. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment