Este domingo, 18 de maio de 2025, de 11:00 a 13:00 horas, terá lugar unha actividade para familias no Encoro de Abegondo-Cecebre centrada na importancia dos polinizadores, onde achegarémonos ao mundo das abellas, bolboretas e outros insectos que xogan un papel fundamental na natureza. Será unha oportunidade para observar de preto estes seres tan necesarios e aprender como podemos contribuír á súa conservación tamén desde as nosas casas e xardíns.
Esta xornada enmárcase na celebración do Día Mundial das Abellas, que se conmemora cada 20 de maio co obxectivo de sensibilizar á sociedade sobre o papel esencial que desempeñan estes insectos na polinización, na seguridade alimentaria e na conservación da biodiversidade.
A actividade está pensada para familias con nenos e nenas a partir de 5 anos.
A xornada, de balde e aberta ao público. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado. Os menores de idade deberán asistir acompañados dunha persoa adulta responsable. Tanto os nenos e nenas como os adultos acompañantes deberán formalizar a súa inscrición de maneira individual a través deste formulario.
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!
Colaboramos coa:


Leave A Comment