Continuamos con nosos Encontros Naturalistas, para que poidas seguir achegándote á natureza dende o teu fogar. Nesta ocasión contaremos co compañeiro e ornitólogo Xabier Varela, quen nos abrirá as portas ao apaixoante mundo das aves.
Vixiante Ambiental de profesión, e avezado naturalista, Xabier leva 30 anos (dende cativo) paxareando pola cotorna Galega, especialmente na Coruña e Costa da Morte. Froito desta longa afición ten adquirido grandes coñecementos no eido da ornitoloxía, especialmente nos grupos de aves limícolas e gaivotas aos que dedica a maior parte do seu tempo en campo. Da súa man aprenderemos as claves para dar os primeiros pasos nesta fermosa área da zooloxía. Acompáñasnos?
A emisión desta conferencia será en directo, o mércores 22 de abril ás 20:30h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámosche!

Leave A Comment