Nace o Proxecto Vixías
Antecedentes

A idea do Proxecto Vixías comeza a xestarse durante o ano 2021, e nace coa intención de perdurar no tempo. O traballo realizado dende o Grupo Naturalista Hábitat nas actividades de Hábitat sen Lixo, nas retiradas de especies exóticas invasoras, nos roteiros ambientais, entre tantas outras, evidencian de xeito constante as ameazas e os problemas de conservación do noso medio natural, e non só na provincia da Coruña, senón en toda Galicia. Esta realidade foi o xerme da iniciativa que agora vos presentamos.
Dende hai anos somos testemuñas de como a cidadanía se implica con forza nas diferentes accións ambientais, e como cada vez son máis as persoas que nos comunican e informan sobre diferentes impactos, mostrando incluso o seu interese en colaborar activamente de cara a súa redución ou eliminación, motivos todos eles que nos levan a crear este novo proxecto.
Obxectivos
O Proxecto Vixías terá como fins últimos:
Cremos moi necesario un proxecto para Galicia onde o número de colaboradores sexa o suficientemente grande como para xerar unha recollida de datos que axuden a determinar os impactos máis salientables, avaliar o estado da nosa contorna natural, así como concienciar e impulsar medidas de conservación axeitadas.
Desenvolvemento do proxecto
Unha vez presentada a iniciativa, velaquí un resumos dos pasos para a súa consecución:
1 – Formulario online e mapa
Esta fase levarase á práctica enchendo un formulario online, a través do cal se aportarán os datos de campo recollidos polos participantes no proxecto. A información obtida servirá para a confección dun mapa que reflectirá a realidade, distribución e localización destes impactos. É importante que as persoas interesadas en participar no proxecto cubran todos osapartados do formulario relativos ao impacto do que desexen informar. Canta máis información e máis detallada, mellor poderemos actuar.
Achégase a ligazón ao formulario online para o envío de información no marco desta iniciativa:
2 – Achegar a nenos e maiores a importancia do coñecemento e a conservación do medio natural
Un proxecto creado por naturalistas que, utilizando como base a compilación de información, ten como obxectivo visibilizar e concienciar sobre os impactos e as ameazas existentes na nosa contorna natural.
Contacto cos responsables do proxecto
Para resolver calquera dúbida, podes contactar con nós a través de vixias@gnhabitat.org.
Colabora
