O vindeiro sábado, 31 de outubro, acompañaremos ao Grupo de Anelamento Hércules nunha xornada práctica de anelamento científico de aves no barrio dos Rosais, na Coruña. Da man de aneladores expertos, coñeceremos de preto esta técnica de estudo, descubriremos como se identifican as diferentes especies e aprenderemos que información nos achega sobre os seus movementos, hábitos e evolución poboacional.
Esta actividade, aberta ao público e de 09:30 a 11:30 h, será unha oportunidade para achegarnos ao fascinante mundo das aves e comprender como o coñecemento científico contribúe á súa conservación. Ademais, descubriremos o importante papel que desempeñan os espazos verdes urbanos e periurbanos como refuxio e lugar de alimentación para a biodiversidade.
Prezos:
- Socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 5 €
- Maiores de 18 anos: 10 €
- Non socios/as do G.N. Hábitat:
- Menores de 18 anos: 10 €
- Maiores de 18 anos: 15 €
Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment