Chega unha nova sesión dos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta, cunha andaina ambiental polos muiños do Casal e o Bordón, no Concello de Carral (A Coruña).
A andaina, cun percorrido circular de algo máis de 2 km pola zona de Pontelago, estará guiada polo compañeiro David Chas, membro da entidade de custodia do territorio Brexa (con fincas en custodia na contorna), quen coñece en profundidade este espazo. Durante o percorrido poderemos coñecer algúns bosques de ribeira ben conservados do rio Barcés, así como outros espazos degradados pola presenza de especies exóticas invasoras, e con sorte, observaremos algunhas especies de flora e fauna recollidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, indicadoras de boa calidade ambiental.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 29 de xuño, ás 10h. Para a asistencia e participación é imprescindible solicitar praza a través do seguinte formulario:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate a descubrir as ribeiras do Barcés!

Leave A Comment