Este venres, 7 de maio, temos un novo Encontro Naturalista. Nesta ocasión contamos coa colaboración do Dr. David González Jara, quen nos falará do apaixonante mundo das plantas e como a cegueira vexetal o levou a escribir un libro sobre isto, co título “El reino ignorado”. David G. Jara é doutor pola Universidade Rei Juan Carlos I de Madrid e licenciado en Bioquímica pola Universidade de Salamanca. É científico multidisciplinar e compaxina o seu traballo como Profesor Titular na especialidade de Bioloxía e Xeoloxía no CEO Mirador da Serra en Villacastín (Segovia) coa a súa afección pola divulgación científica, pola cal obtivo varios premios en recoñecemento o seu traballo neste eido.
A emisión será este venres, 7 de maio do 2021, ás 20:30h., baixo o título “El mundo ignorado de las plantas”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment