Seguimos cos nosos Encontros Naturalistas e, nesta ocasión, Pablo Mancebo Vendrell, un naturalista apaixonado desde fai 5 anos pola mirmecoloxía, falaranos das pequenas, abraiantes e, moitas veces, descoñecidas formigas. 

A emisión será este mércores, 24 de febreiro do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Introducción al mundo de las Hormigas”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!