“1m2 por la Naturaleza” será un encontro cidadán, para recoller e analizar os residuos que se atopan na nosa natureza. Esta é unha das actividades que integran o Proxecto Libera, desenvolvido por Ecoembes e SEO/BirdLife, e que ten como obxectivo concienciar e sensibilizar  á sociedade ante un dos maiores problemas medioambientais que sofre a nosa contorna: a práctica do littering, ou abandono de residuos.

Dende o Grupo Naturalista Hábitat somos conscientes do grande impacto que xera o lixo na nosa biodiversidade, por iso queremos sumarnos a esta nova campaña convidándoche a que participes connosco nesta importante xornada de voluntariado ambiental.

Nesta ocasión recolleremos e analizaremos os residuos que atopemos na contorna da praia da Abeleira. Este recuncho natural é unha zona axeitada para levar a cabo esta iniciativa, pola acumulación de verteduras e lixo. É preciso, polo tanto, concienciar e actuar para minimizar realidade.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro sábado, 16 de xuño de 17:00h a 19:30h na praia da Abeleira, en Paderne (A Coruña). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Así mesmo, o Proxecto Libera e o G.N. Hábitat achegarán para o día da limpeza os materiais necesarios para o seu adecuado desenvolvemento.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!