Continuamos cos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta, centrarémonos en coñecer polo miúdo unha das xoias da nosa herpetofauna galega: a saramaganta (Chioglossa lusitanica). Características, ecoloxía, ameazas e demais segredos deste endemismo ibérico descubrirémolos da man do compañeiro e experto herpetólogo Martiño Cabana.

Vencellado ao GIBE (Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva) da Universidade da Coruña, Martiño está a realizar a súa Tese de doutoramento sobre a distribución e conservación dos anfibios e réptiles de Galicia. Ao mesmo tempo, é Coordinador do Atlas de anfibios e réptiles de Galicia. Naturalista avezado e autor de diversos artigos no eido da herpetoloxía, é tamén Vicepresidente da Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT). 

A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 26 de abril ás 19h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

 

Agardámoste!