Este venres, 12 de marzo do 2021, teremos con nós á Asociación de Naturalistas del Sureste (ANSE) nun novo Encontros Naturalistas, unha organización non gobernamental sen fins lucrativos fundada en 1973, que promove a protección ambiental no Sureste Ibérico co obxectivo de conservar, estudar e recuperar a natureza deste área, pero tamén noutras partes da Península Ibérica e do Mediterráneo. 

A charla será a cargo de Pedro García Moreno, Director de ANSE e licenciado en Xeografía. Forma parte de ANSE desde 1984. Traballou durante máis de 20 anos como técnico de Medio Ambiente da Administración local e durante a súa traxectoria coordinou numerosas campañas de defensa e conservación da natureza.

A emisión será este venres, 12 de marzo do 2021, ás 20:30h., baixo o título “ANSE, 48 años dan para mucho en conservación y recuperación de la Naturaleza de la España semiárida”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!