Nesta fin de semana celebraremos unha xornada máis dos nosos paseos pola natureza. Desta volta visitaremos a contorna do parque de Bens, continuando así a descuberta da biodiversidade nas zonas verdes da Coruña. Novamente faremos unha roteiro paseniño e de conversa, ollando á flora e fauna que atopemos no noso percorrido, e gozando das fermosas vistas que concede este espazo. Será un trazado de baixa dificultade, aproveitando os carreiros existentes na contorna.

A actividade terá lugar o vindeiro sábado 26 de marzo, de 10 a 13h (aproximadamente). A xornada é de balde e aberta ao público, así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

As actividades e os participantes nas mesmas respectarán as medidas que fosen establecidas pola autoridade competente, no marco da situación de emerxencia sanitaria derivada da COVID-19.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!