Neste mes de agosto celebramos unha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas, cunha fermosa xornada de campo nocturna para a observación e coñecemento das avelaíñas presentes na contorna da Torre de Hércules. A actividade virá guiada pola compañeira e vogal de Entomoloxía do G.N.Hábitat, Elia Pérez, bióloga e experta en Lepidópteros.

Na actividade instalaranse diversos elementos que permitirán a observación das diferentes especies, podendo fotografalas, identificalas e gozar da súa presenza, nunha máxica noite a carón da luz do faro romano en servizo máis antigo do mundo.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres 18 de agosto ás 21:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado. Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Anímate e ven connosco!

* Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

* A organización resérvase a posibilidade de adiar a xornada en caso de condicións meteorolóxicas adversas, cuestión que será comunicada vía email aos confirmados na actividade.

2017-08-11T11:13:13+00:0011 Agosto 2017|1 Comment

One Comment

  1. C. D. Romay 12 Agosto, 2017 at 10:54 - Reply

    Que boa iniciativa! Parabéns! Apertas, Damián

Leave A Comment