O venres, 3 de maio do 2024, de 22h a 00h, terá lugar un novo Encontros Naturalistas de Anfibios en Carral (A Coruña), onde descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa, a entidade de custodia do territorio coa que colaboramos nesta ocasión.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment