Continuamos nesta primaveira 2018 cunha nova e interesante xornada dos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta teremos a visita dos compañeiros extremeños de Reforest-Acción Network, entidade nacida tras os lumes acontecidos na Serra de Gata no 2015, que virán a falarnos da Red Ibérica de Guardianes del Bosque, iniciativa que pretende servir como ferramenta de apoio a iniciativas de protección e restauración do bosque nativo, conectando a vontade social coa acción ambiental.

A charla virá a cargo de Rodrigo Ibarrondo, Presidente da Asociación Reforest-Acción e coordinador do proxecto na Serra de Gata, en compañía de Roger, colaborador activo deste proxecto.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro luns 14 de maio ás 20:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!