Este outono ven cheo de actividades! Dentro dos nosos Encontros Naturalistas en formato virtual, gozaremos da presentación do libro “Guía Definitiva das Aves da Galiza” da man dun dos seus autores, Nacho Munilla.

Nacho é doutor en bioloxía, especializado na área de ecoloxía, tanto do mar, onde ten levado a cabo estudos sobre aves mariñas, como da montaña, onde desenvolveu traballos sobre interaccións de aves e plantas na cordilleira Cantábrica.

Esta guía perdida, culta, naif e definitiva, a medio camiño entre a realidade e a ficción científica, é a recreación dunha obra central do imaxinario ornitolóxico galego, inspírada no personaxe de Salvador Lueiro.

Nela se describen 33 especies de paxaros comúns da avifauna do noroeste ibérico incluindo información sobre a súa bioloxía, hábitats, costumes e personalidade. Inclue tamén unha sección de etnografía e folclore paxareiro.

A emisión será en directo, o xoves 3 de decembro ás 20.30 h. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

 

Agardámoste!