Iniciamos unha nova tempada de Encontros Naturalistas cunha charla sobre o modo de vida das candorcas (Orcinus orca) e o peculiar comportamento rexistrado en augas galegas a finais do verán de 2020, cando se produciron múltiples interaccións con barcos.
Para afondar nesta cuestión contaremos con Alfredo López, doutor en bioloxía mariña e investigador auxiliar na Universidade Aveiro-CESAM. É membro e fundador da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), entidade que leva a cabo iniciativas para o estudo e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños de Galicia.
A emisión será en directo, o xoves 28 de xaneiro ás 20.30 h. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment