Neste mes de setembro teremos unha xornada moi especial nos nosos Encontros Naturalistas. Contaremos coa presenza dos compañeiros da CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños), que están a celebrar os 25 anos de duro traballo en prol da nosa fauna mariña, polo que a súa presenza no noso local énchenos de ilusión.

Un cuarto de siglo avala a esta entidade como experta no estudo e divulgación das tartarugas e mamíferos mariños de Galicia, a través dunha investigación rigorosa, promovendo ou participando en diferentes estudos e proxectos de investigación sobre as especies mariñas ameazadas con institucións estatais e internacionais, e potenciando aspectos divulgativos mediante exposicións, conferencias e cursos.

Dende 1999 CEMMA é, gracias a Convenios coa Xunta de Galicia, a única institución responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, a xestión do banco de mostras oficial, a recuperación de animais feridos, o estudo poboacional destas especies e a redacción dos plans de xestión das especies máis ameazadas. Así mesmo, CEMMA é membro fundador da Sociedad Española de Cetáceos e membro da European Cetacean Society.

Teremos o pracer de contar connosco a Alfredo López Fernández, Doutor en Bioloxía mariña, ilustrador científico e fundador da CEMMA, presidente 1992-2011. Actualmente becario post-doutoral da Universidade de Aveiro-CESAM, virá a falarnos da ardua tarea que desenvolven dende a súa fundación: 25 anos entre golfiños e baleas.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro mércores 27 de setembro ás 20:30h no noso local social. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario online habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. En calquera caso seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada

Anímate, ven connosco e deámoslle a benvida que merecen!