Este luns, 22 de marzo, é o Día Mundial da Auga, e queremos celebralo con tod@s vós cunha charla especial da man de Dra. Daiane Trevisan Ruwer, que nos falará do que non podemos ver na auga, da gran cantidade de biodiversidade que nela se agocha oculta aos ollos e todos os usos que poden ter para nós.

Daiane T. Ruwer graduouse en Ciencias Biolóxicas na Universidade Federal de Goiás (Brasil). Realizou un Máster en Ciencias Ambientais (Limnoloxía e Ecoloxía) no Programa de posgrado en Ecoloxía de Ambientes Acuáticos Continentais da Universidade Estadual de Maringá (Brasil), onde tamén fixo o Doctorado. O seu campo de investigación centrase na ecoloxía acuática e nos distintos usos das micro algas e diatomeas, especializandose na taxonomía e ecoloxía das diatomeas continentais. Tamén realizou un segundo grado no Programa Especial de Formación Pedagóxica de Profesores en Bioloxía. Conta con diversos artigos centrados en diatomeas e paleolimnoloxía. Participou en diversos congresos e colaborou en diferentes proxectos de Educación Ambiental.

A emisión será este luns, 22 de marzo do 2021, ás 20:30h., baixo o título “El mundo invisible del agua: las algas”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

 

Agardámoste!