Diapositiva 1

E para empezar con forza o 2017, neste mes de xaneiro convidámosvos a unha segunda xornada dos nosos Encontros Naturalistas, que terá lugar o venres 20 de xaneiro ás 20:30h no noso local social. Nesta ocasión contaremos co Dr. Carlos Nores Quedada, profesor da Universidade de Oviedo, Vicepresidente da Fundación Oso Pardo e experto na bioloxía, distribución e conservación dos mamíferos, que virá a falarnos sobre a problemática emerxente dos “Xabarís urbanos”.

A xornada é de balde e aberta ao público. Así todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org