cartelencontrosnaturalistas_novembro2016_baja-calidada

Como xa saberedes o G.N.Hábitat, así como moitos outros colectivos e particulares, ven de sumarse dende o comezo ao proceso participativo posto en marcha polo Concello da Coruña para aportar a súa visión sobre os usos do Parque de Bens. Seguindo esta liña, e da man dos compañeiros de ADEGA,  Salvemos Bens e representantes do Concello da Coruña, queremos agora dar un paso máis aló, convidando á cidadanía a participar nun roteiro interpretativo naturalista e cultural pola contorna do parque, co que se pretende poñer en valor a riqueza deste espazo público. A actividade terá lugar o vindeiro domingo 6 de novembro, de 10:30 a 13:30 horas, coas especificacións mostradas nos cartel.

A xornada é de balde e aberta ao público (os menores de idade deberán vir acompañados dun adulto). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos aqueles participantes que sexan confirmados contarán cun seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil durante o desenvolvemento da xornada, a cargo do G.N.Hábitat. Xa que logo, a actividade estará dirixida  a aquelas persoas que tiveran feito a inscrición pola canle especificada.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. No caso de non poder acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org