Os espazos verdes son lugares cruciais para o benestar humano e ambiental, ofrecendo beneficios que van desde a mellora da saúde física e mental, ata a mitigación do cambio climático e a conservación da biodiversidade. A súa existencia nas contornas urbanas e periurbanas é esencial para unha vida saudable, inclusiva e sostible, proporcionando lugares de recreación, de interacción social e, por suposto, de conexión coa natureza, onde se procure potenciar os recursos ecosistémicos. E conscientes desta realidade, dende Hábitat comezamos andaina para coñecer, descubrir, e mesmo chegar a avaliar o estado destes espazos verdes, a través de actividades divulgativas coa cidadanía.

As primeiras xornadas, de balde e abertas ao público de calquera idade, terán lugar do luns 21 ao xoves 24 de xullo do 2025, ás 17h, en diferentes espazos:

  • Luns, 21 de xullo ➡️ Parque de Santa Margarida (A Coruña).
  • Martes, 22 de xullo ➡️ Parque do Pasatempo e río Mendo (Betanzos).
  • Mércores, 23 de xullo ➡️ Parque Rosalía Mera (Oleiros).
  • Xoves, 24 de xullo ➡️ Monte de San Pedro (A Coruña).

Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!