Neste mes de novembro, grazas aos compañeiros do Colectivo Micolóxico Coruñes, os nosos Encontros Naturalistas estarán centrados no coñecemento e a divulgación dos cogomelos, así coma na posta en valor de boas prácticas neste eido, nunha completa Xornada Micolóxica que integrará:

Relatorios (20:30 a 21:30, aproximadamente)

  • “O mundo Fungi e a vida na Terra” – a cargo de Fernando Ramos García, Educador Ambiental e experto en Ecoturismo, membro do Colectivo Micolóxico Coruñés. Antigo vicepresidente de Hábitat e actualmente membro do comité de expertos internacionais en comunicación e educación da UICN e do Convenio de Ramsar.
  • “Cogomelos comestibles máis habituais e posibles confusións” – a cargo de Tomás Rodríguez Novoa, Experto Micólogo, membro da Asociación Micolóxico-Naturalista Pan de Raposo e do Colectivo Micolóxico Coruñés.

Obradoiro de identificación de cogomelos (21:30 a 22:30, aproximadamente)

  • Rematadas as charlas, e da man dos conferenciantes e outros membros do Colectivo Micolóxico Coruñés, levaremos a cabo un taller de identificación de cogomelos no mesmo local. Para o seu desenvolvemento faise un chamamento aos asistentes na xornada a que traian consigo, dun xeito responsable, exemplares recolleitos no campo para a súa clasificación: dous ou tres exemplares de cada especie, co pé completo, desenterrados con delicadeza, e de ser posible achegados en cesto ou nun recipiente similar que axude á transpiración e ventilación dos mesmos, evitando no posible as bolsas plásticas. No caso de que non acuda á xornada a mesma persoa recolleitora, é recomendable aportar datos sobre o hábitat e a contorna de recollida. Finalmente, débese ter en conta o reflectido na normativa vixente respecto dos Aproveitamente Micolóxicos en Galicia (Capítulo VI, artigos nº41 a 47, do DECRETO 50/2014 -Xunta de Galicia-. Ligazón á normativa).

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro martes 7 de novembro ás 20:30h no noso local social. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario online habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. En calquera caso seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada

Anímate e ven connosco!