Este sábado chega unha nova sesión dos Encontros Naturalistas, desta volta cunha andaina pola costa da Ermida, en Arteixo. Durante o serán percorreremos o litoral entre a praia de Alba e Repibelo facendo unha ruta circular, para gozar do mar e das paisaxes, e descubrir a biodiversidade que agocha este anaco de costa incluido na ZEC Costa da Morte. Ademais, para quen quera colaborar, faremos plogging durante a andaina, é dicir, recolleremos os residuos que nos atopemos polo camiño, contribuindo a manter a contorna libre de lixo.
A actividade, de balde e aberta ao público, terá lugar o sábado, 12 de xullo do 2025, ás 19:00 h. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org│639 131 688
Agardámoste para continuar coñecendo e coidando o noso patrimonio natural!

Leave A Comment