Sabedes que nos encanta recibir as vosas propostas de actividades! Desta vez, atendendo ás vosas peticións, organizamos un novo Encontros Naturalistas: un paseo por Santiago de Compostela para a observación de aves.
Durante este percorrido por parques da cidade, aprenderemos a identificar as especies de aves máis comúns na capital compostelá e descubriremos como conviven co entorno urbano. Será unha oportunidade perfecta para coñecer máis sobre a biodiversidade da cidade, desfrutar da natureza e compartir unha experiencia única entre amantes da observación de aves.
As prazas son limitadas e de balde. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:
É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Esta acción está integrada no Programa de accións ambientais 2024 coa Deputación da Coruña.
Achégate este sábado e descubre as especies que viven en Santiago de Compostela!

Leave A Comment