Grupos de traballo
Dentro do esquema do Grupo Naturalista Hábitat, unha das seccións máis activas son os grupos de traballo, formados por colaboradores e voluntarios que realizan traballos de estudo no campo para proxectos específicos. Actualmente, están activos os seguintes grupos de traballo:
O pasado 10 de decembro de 2025 celebramos unha xornada especial dedicada a coñecer de primeira man o labor dos diferentes grupos de traballo de Hábitat. Ao longo do ano, cada equipo desenvolveu proxectos fundamentais para a conservación da biodiversidade galega, e nesa sesión presentáronse os principais resultados e avances acadados.




