Os Encontros Naturalistas de 2024 comezarán este domingo, 7 de xaneiro, explorando a fermosa praia de Sada. Nesta xornada teremos a oportunidade de observar a rica diversidade de aves que habitan na enseada e no areal. Guiados por varios compañeir@s do grupo, os participantes poderán identificar diversas especies mariñas e costeiras, comprendendo os seus comportamentos e hábitos migratorios.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment