Desde metade do século XX, a paisaxe de mosaico tradicional atlántico pouco a pouco vaise perdendo, debido fundamentalmente ás plantacións de monocultivos de árbores exóticos, nun principio do xénero Pinus, e despois Eucalyptus. En Galicia, a superficie dedicada as plantacións de Eucalyptus spp. multiplicouse por cinco nos últimos 30 anos, substituíndo áreas agrícolas, de matogueira e parches de bosque autóctono tanto directa como indirectamente.
O mércores, 17 de febreiro do 2021, ás 20:30h., a Dra. Sandra Goded falaranos dos resultados dunha tese doutotal na que se estudiou como este cambio da paisaxe afecta á biodiversidade autóctona, e os riscos ecolóxicos e sociais que ocasiona que este cambio continúe. Así mesmo, explicaranos as labores de custodia do territorio e educación que realiza a Asociación Quercus Sonora na comarca de Ulloa, Lugo, para protexer a paisaxe tradicional e intentar frear este cambio.
Sandra Goded é doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e na súa tese doutoral estudiou os efectos das prácticas agrícolas e forestais sobre a biodiversidade na zona rural do centro de Galicia. O seu interese principal é a conservación da biodiversidade, con proxectos de conservación de aves, mamíferos e bosques en Europa, Norte América e África. É fundadora da Asociación Quercus Sonora, dedicada á protección dos bosques autóctonos atlánticos e a súa fauna. É autora de numerosos artigos científicos e divulgativos sobre ecoloxía, conservación de especies e a importancia das prácticas sostibles para a convivencia.
A emisión será este mércores, 17 de febreiro do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Efectos de Prácticas Forestales sobre la Biodiversidad y Custodia de Territorio realizada por Quercus Sonora”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

¿Qué se sabe del proyecto de feijoo con inditex para crear con fondos europeos una fábrica para producir textil con eucalipto?