Velaquí unha nova ocasión para aprender sobre natureza nos nosos Encontros Naturalistas. Desta volta descubriremos os segredos dun grupo de especies de pequeno tamaño, pero de gran relevancia para a calidade do medio que habitan: os anélidos. Coñeceremos en detalle ás miñocas e micro-miñocas, as súas características, os factores que determinan a súa presenza, e o seu papel como bioindicadores da calidade do solo.
E para falarnos deste mundo contaremos con Rüdiger Schmelz, doutor en bioloxía e especializado na biodiversidade e taxonomía dos enquitreidos (familia de micro-miñocas), cuxo estudo constitúe a súa principal liña de investigación, na que conta con máis de 50 artigos publicados en diversas revistas científicas internacionais. Grazas á súa labor, Rüdiger ten contribuído á ciencia coa descrición de máis de 40 especies de micro-miñocas terrestres e acuáticas, sendo unha das figuras máis relevantes no seu campo de traballo.
A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 13 de decembro ás 20h. Se estás interesado en participar como público, poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo ao relator.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment