Fototrampeo2017-05-19T09:01:43+00:00

Fototrampeo

  • Raposo (Vulpes vulpes)
  • Corzos (Capreolus capreolus)
  • Lobos (Canis lupus)
  • Teixugo (Meles meles)
  • Lontra (Lutra lutra)
  • Martaraña (Martes martes)
  • Algaria (Genetta genetta)
  • Xabaríns (Sus scrofa)
  • Cervo (Cervus elaphus)
  • Corzo (Capreolus capreolus)
  • Gaio (Garrulus glandarius)
  • Corzos (Capreolus capreolus)
  • Teixugo (Meles meles)
  • Xabaríns (Sus scrofa)

No ámbito de estudo dos vertebrados terrestres existen multitude de técnicas de mostraxe dependendo das especies, das zonas e do que se queira estudar. Exemplos significativos son a observación directa, redes de néboa, gaiolas de captura, trampas de pelo, a análise de pegadas ou rastros, etc.

Unha das técnicas non invasivas máis empregadas dende fai anos para o estudo dos mamíferos, dado o seu carácter esquivo e maioritariamente nocturno, é a técnica de fototrampeo, que consiste na colocación dun dispositivo de captura de imaxe conectado a un sensor de presenza, o cal activa un disparador para a toma dunha imaxe  ou vídeo do individuo.

O longo dos anos estes dispositivos foron miniaturizándose e abaratando o seu prezo, sobre todo coa irrupción no mercado das súas versións dixitais. O cal facilitou a proliferación, fiabilidade e manexo desta metodoloxía.

Cos datos obtidos, sexan fotos ou vídeos, destes aparellos, pódese estudar a presenza, poboacións, comportamentos, etc., dun área determinada con períodos de mostraxe nas 24 horas do día, algo inviable para os métodos clásicos.

Dende fai uns anos, e correspondendo con estudo que o Grupo Naturalista Hábitat realizou sobre o Grato Bravo (Especie do ano 2014 na rbMCeTM) creouse un grupo de traballo especifico para esta técnica de estudo.

Actualmente contamos con 16 cámaras despregadas case de maneira continua que nos axudan a elaboración dos estudos nos que esta enrolado o Grupo Naturalista Hábitat, que poden estar focalizados nunha única especie ou na diversidade dunha zoa, obtendo resultados notables en todo este tempo (máis de 1500 citas, con un número superior a 25 especies diferentes detectadas).