Comezamos os nosos Encontros Naturalistas do 2019 sumerxíndonos no mundo da palinoloxía a cargo da Dra. Sandra Robles López, que ven dende Madrid a falarnos do seu traballo neste eido. A súa tese de doutoramento centrouse no estudo do polen (palinoloxía) para coñecer a vexetación e a paisaxe na Serra de Gredos (Sistema Central) no Holoceno. Neste traballo tamén empregou outras medidas que ofrecen datos dos cambios producidos na vexetación ó longo do tempo por diversas causas, sobre todo por factores ambientais e pola actividade humana, que foron moldeando a paisaxe ata o que hoxe coñecemos.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro xoves, 14 de febreiro do 2019 ás 20:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!