Continuamos con forza o 2018 cunha nova xornada dos nosos Encontros Naturalistas.  Nesta ocasión contaremos coa compañía de Fernando Bandín, Presidente do padroado da Fundación Fragas do Mandeo, que virá a falarnos dos sete anos de duro traballo que leva desenvolvendo esta organización baixo o marco da custodia do territorio.

Fragas do Mandeo é unha entidade non gobernamental (ONG) e non lucrativa (ONL) de carácter fundacional, cuxo obxectivo é crear un fondo de conservación da natureza na comarca de As Mariñas (A Coruña), que permita mercar fincas de interese natural para a protección dos hábitats prioritarios. Deste xeito pretenden coidar da paisaxe e dos bosques, asegurando un futuro para as especies de animais e plantas que conforman a biodiversidade destes ecosistemas. Hoxe día teñen en custodia máis de 250 mil metros cadrados, onde desenvolven diversas campañas e accións de voluntariado ambiental…Achégate á xornada, e coñecerás de primeira man a súa labor a prol do noso Patrimonio Natural.

A conferencia terá lugar o vindeiro mércores 21 de febreiro ás 20:30h no noso local social, sendo de balde e aberta ao público. Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

 

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da túa situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Anímate e ven connosco!

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org