O vindeiro domingo 9 de decembro, ven connosco a disfrutar dunha nova edición do CoruñAves.

Consiste nunha actividade lúdica na que se procura, ao longo dunha mañá, de ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves dentro do Concello da Coruña. O obxectivo fundamental é achegar a ornitoloxía ao público en xeral, fornecendo o coñecemento das aves, aprendendo a respectalas e a gozar da súa presenza nunha actividade de divulgación ambiental.

A xornada é de balde e aberta ao público (os menores de idade deberán vir acompañados dun adulto). Así e todo, é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario de inscrición online habilitado.

Formulario de inscrición

 

Toda a información detallada sobre a actividade, así como o acceso ao formulario de inscrición poderás atopalo tamén nas Bases Reguladoras, que deberán ser consultadas e respectadas por todos os interesados en participar:

bases reguladoras da actividade.

 

As prazas son limitadas. En calquera caso, seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado. Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org ou no 981 135 014.

Anímate e ven connosco!

2018-11-30T23:17:52+00:0030 Novembro 2018|0 Comments

Leave A Comment