Como foi moi solicitada este sábado, no Encontros Naturalistas coas Libélulas do Encoro de Abegondo-Cecebre, faremos este sábado, 10 de agosto do 2024, de 10:30h a 13:30h, un novo Encontros Naturalistas sobre as libeliñas que podemos atopar no Lago das Encrobas (Cerceda). Visitaremos varios puntos da Lago de Meirama para observar diferentes especies de odonatos e aprender moito delas.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment