Continuamos cos nosos Encontros Naturalistas e o seu formato de transmisión adaptado á situación actual, para que poidas gozar das conferencias dende o teu fogar.

Nesta ocasión contaremos cos compañeiros do Grupo Lobo e do Proxecto Rebinxe, que nos virán a amosar os seus proxectos, tanto de divulgación como de investigación colaborando activamente no “Censo de Lobo Ibérico y evaluación del estado de conservación de sus hábitats naturales”. Tamén nos falaran da súa implicación na loita por defender a viabilidade dos grupos que estudan, afondando para elo no seu coñecemento, co fin de conseguir unha mellor convivencia con nós.

Contaremos coa presencia dos compañeiros:

Jesús Criado:

Técnico RRHH / Fotógrafo de natureza e deportes, publicando en diversos medios, tanto prensa escrita como dixital. Coordinación en Galicia do Censo Nacional de Lobo Ibérico con sede na Universidade de Alcalá. Secretario do Grupo Lobo Galicia.

Óscar Chao:

Licenciado en Bioloxía, actualmente traballa como profesor de Bioloxía e Xeoloxía en Educación Secundaria no IES San Rosendo de Mondoñedo. Coordinador do Proxecto Rebinxe, pola recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural.

A emisión desta conferencia será en directo, o domingo 10 de maio ás 19h. Se estás interesado en participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles Facebook ou YouTube, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas, léndoas en directo aos relatores.

Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:

E tamén:

Directo na nosa páxina de Facebook

 

Agardámoste!