Neste marzo do 2019 celebramos outra xornada dentro dos Encontros Naturalistas, esta vez da man do Dr. Carlos Nores Quesada, profesor da Universidade de Oviedo e Vicepresidente da Fundación Oso Pardo, que coas seguintes palabras invítanos a descubrir o misterio que esconde o cangrexo de río autóctono:

Con frecuencia nos empeñamos en que la naturaleza siempre fue como la descubrimos y claro, unos la descubrieron antes y otros más tarde, así que esa especie de paraíso perdido es diferente para cada persona. Con frecuencia nos gusta elogiar la interdisciplinaridad como una estrategia útil para el avance de la ciencia pero en otras ocasiones miramos las disciplinas asociadas a las humanidades por encima del hombro e incluso llegamos a rechazarlas considerando que no alcanzan el nivel de la verdadera ciencia. La filogeografía del cangrejo de río ha sido un excelente ejercicio para comprobar si estamos dispuestos a fiarnos más de nuestros prejuicios que de los hechos y si somos capaces de aprender de nuestros errores.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro venres, 15 de marzo ás 20:30h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Os socios do G.N.Hábitat terán preferencia para a participación na xornada. En calquera caso, seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!