Este venres, 16 de abril, teremos un novo Encontro Naturalista coa Dra. Cristina Piñeiro Corbeira que nos falará sobre os cambios que sofren as comunidades intermareais de Galicia. Cristina Piñeiro é doutora en Bioloxía pola Universidade da Coruña e o seu traballo de investigación centrase no estudo dos cambios a corto e longo prazo nas comunidades de macroalgas e a súa relación co aumento das perturbacións naturais e antropoxénicas tanto a escala local como global. Actualmente a súa investigación ten como obxectivo investigar o papel dos eventos extremos e os factores de estres locais nestes cambios, e o seu impacto nos servizos dos ecosistemas que moitas plantas proporcionan. Ademais, realiza diferentes traballos de divulgación científica e colabora en estudos de investigación relacionados coa interpretación e educación ambiental, e o seu potencial como ferramentas de xestión para a conservación do medio mariño en áreas protexidas.
A emisión será este venres, 16 de abril do 2021, ás 20:30h., baixo o título “Cambios en las comunidades de macroalgas intermareales de Galicia”. Se queres participar como público poderás conectar libremente a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito a través destas mesmas redes. Rematada a conferencia, un moderador dará paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen enviadas.
Podes seguirnos na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Agardámoste!

Leave A Comment