Encontros naturalistas

Os Encontros Naturalistas son unha das máis representativas actividades de divulgación medioambiental que realiza o Grupo Naturalista Hábitat periodicamente, de cara os seus socios e público en xeral. Poden consistir en actividades ao aire libre ou relatorios que se imparten no noso local.

Nos Encontros Naturalistas contamos coa participación de expertos en multitude de disciplinas, os cales comparten os seus estudos, coñecementos e experiencias persoais cos asistentes, sempre co obxectivo de dar a coñecer e pór en valor o patrimonio natural que nos rodea.

Encontros Naturalistas 2025

Nesta páxina iremos incorporando información sobre os nosos Encontros Naturalistas do ano en curso. Así e todo, para estar ao día das nosas actividades, sempre podes subscribirche ao noso blog.

12 de xaneiro

Andaina ambiental pola costa da Coruña

Andaina ambiental

Breve itinerario polo paseo marítimo do Portiño observando a flora e fauna.

Máis información

16 de febreiro

Paseo naturalista pola praia de Alba (Arteixo)

Paseo naturalista

Poñeremos en valor a zona de duna da praia de Alba e daremos a coñecer os valores ambientais da zona e os perigos que a ameazan.

Máis información

2 de abril

Andaina ambiental Torre de Hércules

Andaina ambiental

Gozaremos da contorna natural do ENIL Torre de Hércules cos pequenos do CEIP Víctor López Seoane.

Máis información

12 de abril

Atropelos de anfibios

Atropelos de anfibios

Abordaremos unha das principais ameazas para os anfibios: os atropelos nas estradas.

Máis información

15 de maio

Andaina ambiental Torre de Hércules

Andaina ambiental

Gozaremos da contorna natural do ENIL Torre de Hércules cos alumnos e docentes do CPR Nebrija Torre de Hércules.

Máis información

17 de maio

Andaina na costa de Doniños (Ferrol)

Andaina naturalista

Ruta sinxela para gozar da natureza e descubrir os valores ecolóxicos e paisaxísticos da zona.

Máis información

18 de maio

Polinizadores para familias

Polinizadores

Actividade para familias centrada na importancia dos polinizadores.

Máis información

18 de maio

Polinizadores para familias

Polinizadores

Actividade para familias centrada na importancia dos polinizadores.

Máis información

4 de xuño

Roteiro ao Río Lagar e Castro de Elviña

Río Lagar e Castro de Elviña

Aprenderemos a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats desta área na contorna do casco urbano.

Máis información

7 de xuño

Día Mundial do Cirrio

Día Mundial do Cirrio

Xornada de observación centrada nos cirrios na zona portuaria da Coruña.

Máis información

22 de xuño

Herbas de San Xoán

Herbas de San Xoán

Xunto á Asociación Brexa de Carral, falaremos das plantas que forman parte desta tradición.

Máis información

29 de xuño

Andaina polos muiños de Casal e Bordón

Muiños de Casal e Bordón

Andaina ambiental no Concello de Carral, coñecendo algúns bosques de ribeira ben conservados, así como outros espazos degradados.

Máis información

9 de xullo

Exploración da fauna do solo e impacto da flora invasora

Fauna do solo

No ENIL Torre de Hércules, coñeceremos os animais que habitan no solo e a súa importancia ecolóxica para manter a saúde dos ecosistemas.

Máis información

12 de xullo

Andaina costeira e plogging na Ermida

Andaina e plogging

Percorreremos o litoral entre a praia de Alba e Repibelo, en Arteixo, descubrindo a biodiversidade e recollendo residuos.

Máis información

21-24 de xullo

Descubrindo os espazos verdes públicos

Espazos verdes públicos

Xornadas para coñecer, descubrir, e avaliar o estado dos espazos verdes da Coruña.

Máis información

5 de agosto

Fauna nocturna de Bribes

Fauna nocturna

Percorrido interpretativo por Bribes (Cambre) para coñecer algunhas das especies que están activas durante a noite.

Máis información

Encontros Naturalistas 2024

7 de xaneiro

Aves de Sada

Observación de aves

Na praia de Sada, identificaremos as diversas especies mariñas e costeiras, comprendendo os seus comportamentos e hábitos migratorios.

Máis información

21 de xaneiro

Aves da Lagoa de Sobrado

Observación de aves

Observaremos as aves e a diversidade de especies de flora a fauna deste espazo dentro da nosa Reserva de Biosfera.

Máis información

17 de febreiro

Andaina Torre de Hércules

Andaina ambiental

Gozaremos da flora e fauna presente na contorna natural do ENIL Torre de Hércules.

Máis información

27 de febreiro

Parque de Dorneda

Segredos do parque de Dorneda

Visitaremos a contorna do parque de Dorneda (Oleiros) da man dos alumnos do I.E.S Armando Cotarelo Valledor.

Máis información

11 de marzo

Análise do estado ecolóxico dun espazo natural

Estado ecolóxico dun espazo natural

Xornada de aprendizaxe e análise do estado ecolóxico do espazo natural da contorna da Torre de Hércules.

Máis información

17 de marzo

Andaina Torre de Hércules

Andaina ambiental

Gozaremos da flora e fauna presente na contorna natural do ENIL Torre de Hércules.

Máis información

7 de abril

Paseo polo río Mero

Paseo polo río Mero

Pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o río Mero.

Máis información

3 de maio

Observación de anfibios en Carral

Observación de anfibios

Descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa.

Máis información

7 de maio

Andaina ambiental ENIL Torre de Hércules

Andaina ambiental

Xornada ambiental na contorna da Torre de Hércules co C.P.R. Nebrija Torre de Hércules.

Máis información

22 de xuño

Plantas de San Xoan en Carral

Plantas de San Xoan

Descubriremos as diferentes herbas que se poden empregar para a noite de San Xoan.

Máis información

3 de agosto

Libélulas do Encoro de Abegondo-Cecebre

As nosas libélulas

Paseo entre o encoro e o río Mero para aprender sobre as diferentes especies de libélulas.

Máis información

10 de agosto

Libeliñas das Encrobas

Libeliñas das Encrobas

Visita ó Lago de Meirama para observar diferentes especies de odonatos e aprender moito deles.

Máis información

9 de novembro

Arañas do outono

Arañas do outono

Guiados por Sabela Tubío, descubriremos as arañas da Torre de Hércules.

Máis información

24 de novembro

Outono nas Fragas do Eume

Outono nas Fragas do Eume

Exploraremos a riqueza do noso Patrimonio Natural no Parque Natural das Fragas do Eume.

Máis información

7 de decembro

Aves de Santiago de Compostela

Aves de Santiago de Compostela

Aprenderemos a identificar as especies de aves máis comúns e descubriremos como conviven co entorno urbano.

Máis información

Encontros Naturalistas 2023

14 de xaneiro

Aves do Encoro Abegondo-Cecebre

Aves de Cecebre

Visitaremos o Encoro de Abegondo-Cecebre, onde nos adentraremos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época.

Máis información

19 de xaneiro

Aves da Ría do Burgo

Aves da Ría do Burgo

Adentraremonos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época na ría.

Máis información

11 de febreiro

Estrelas e fauna Nocturna

Estrelas e fauna Nocturna

Desfrutaremos da fauna nocturna e das estrelas do ceo de inverno coa Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Máis información

19 de marzo

Paseo polo río Mero

Paseo polo río Mero

Paseo en familia para desfrutar dun pequeno recorrido gozando da biodiversidade que atrae o río Mero.

Máis información

12 de xuño

Natureza e cancións

Natureza e cancións

Concerto a cargo de Pablo Rubén Fernández e Andrea Seijo.

Máis información

25 de xuño

As bolboretas de Mabegondo

Bolboretas de Mabegondo

Xornada para observar e aprender dalgunhas das especies de bolboretas da nosa contorna.

Máis información

14 de xullo

Pinceladas de natureza

Pinceladas de natureza

Obradoiros para a ilustración e o coñecemento da biodiversidade.

Máis información

3 de novembro

Observación de anfibios

Observación de anfibios

Descubriremos as especies que habitan nunha das parcelas que custodia Brexa en Carral.

Máis información

5 de novembro

Aves do Encoro de Abegondo-Cecebre

Aves do Encoro de Abegondo-Cecebre

Xornada ornitolóxica para observar aves no Encoro de Abegondo-Cecebre.

Máis información

12 de novembro

Saída Botánica no Mandeo

Saída Botánica

Paseo polo río Mandeo mentres aprendemos das árbores da man de Iván Rodríguez Buján e de Eva Martínez Veiga.

Máis información

Encontros Naturalistas 2022

5 de febreiro

Celebración do Día das Zonas Húmidas 2022

Día das Zonas Húmidas

Actividade de posta en valor das zonas húmidas no Encoro de Abegondo-Cecebre.

Máis información

12 de febreiro

Andaina ambiental pola costa da Coruña - As aves da Ría de Betanzos

Aniversario do nacemento de Charles Darwin

Paseo pola costa do concello de A Coruña e observación de aves na Ría de Betanzos.

Máis información

18 de marzo

Andaina ambiental coa Fundación Juan Soñador

Andaina ambiental

Sairemos ao campo acompañados dos participantes do programa Teranga, unha iniciativa da Fundación Juan Soñador.

Máis información

19 de marzo

Andaina ambiental no río Mandeo

Andaina ambiental

Roteiro duns 2 km á beira do río Mandeo para desfrutar do case comezo da primavera.

Máis información

26 de marzo

Andaina ambiental polo parque de Bens

Andaina ambiental

Visitaremos o parque de Bens, descubrindo a súa biodiversidade e gozando das fermosas vistas que concede este espazo.

Máis información

2 de abril

Andaina ambiental nas Fragas do Eume

Andaina ambiental

Roteiro duns 7 km á beira do río Eume para desfrutar dalguns dos recunchos mellor conservados do Parque Natural.

Máis información

3 de abril

Andaina ambiental polo Monte de San Pedro

Andaina ambiental

Ollaremos e conversaremos sobre a flora e fauna que atopemos nun roteiro polo Monte de San Pedro.

Máis información

14 de maio

As bolboretas de Abegondo

As bolboretas de Abegondo

Xornada para observar e aprender dalgunhas das especies de bolboretas que podemos ver na nosa contorna.

Máis información

29 de maio

Andaina ambiental pola contorna de Santa Cristina

Andaina ambiental

Visitaremos a bocana da ría do Burgo e falaremos de flora e fauna, pero tamén de impactos ambientais, presentes e futuros deste espazo natural.

Máis información

31 de xullo

As bolboretas de Mabegondo

Bolboretas de Mabegondo

Visitaremos o CIAM para observar bolboretas e poñer en valor a importancia dos prados na conservación destes insectos.

Máis información

6 de agosto

Andaina ambiental no río Mero

Andaina ambiental

Faremos unha pequena andaina vendo a flora e fauna que nos podemos atopar nas contornas do río Mero.

Máis información

22 de outubro

Aves do encoro de Abegondo-Cecebre

Aves de Cecebre

Visitaremos o Encoro de Abegondo-Cecebre, onde nos adentraremos no coñecemento das aves que se poden ver nesta época na contorna do encoro.

Máis información

Encontros Naturalistas 2021

28 de xaneiro

Ecoloxía da candorca e introdución ás interaccións

Ecoloxía da candorca

Charla de Alfredo López sobre o modo de vida das candorcas e o peculiar comportamento rexistrado no verán de 2020

Máis información

5 de febreiro

Life Oso Courel: Favorecendo o asentamento do oso na serra do Courel

Life Oso Courel

Óscar Rivas falaranos do proxecto para favorecer o asentamento do oso de forma compatible coas actividades humanas

Máis información

17 de febreiro

Efectos de prácticas forestales sobre la biodiversidad y custodia de territorio de Quercus Sonora

Prácticas forestales

Sandra Goded falaranos de como o cambio da paisaxe afecta á biodiversidade e da custodia do territorio e educación que realiza a Asociación Quercus Sonora

Máis información

19 de febreiro

As gaivotas en Galicia. Introdución á identificación de gaivotas.

Gaivotas

Da man de Xabi Varela aprenderemos as claves para poder identificar as diferentes especies de gaivotas que podemos atopar en Galicia

Máis información

24 de febreiro

Introducción al mundo de las hormigas

Introducción al mundo de las hormigas

Pablo Mancebo Vendrell falaranos das pequenas, abraiantes e, moitas veces, descoñecidas formigas.

Máis información

26 de febreiro

Estudio de mariposas nocturnas

Bolboretas e avelaíñas

David César Manceñido falará das bolboretas e avelaíñas e do seu traballo na provincia de León.

Máis información

5 de marzo

Gozando da noite. Primeiros pasos para iniciarse na astronomía.

Astronomía

Aprenderemos a coñecer o ceo nocturno con Denébola Álvarez Seoane.

Máis información

12 de marzo

ANSE, 48 años de conservación y recuperación de la naturaleza de la España semiárida

Traballando pola conservación: ANSE

Contaremos con Pedro García Moreno, da Asociación de Naturalistas del Sureste (ANSE), fundada en 1973.

Máis información

19 de marzo

Patrimonio forestal sostenible: la controversia del eucalipto

Patrimonio forestal sostenible

Marta Lamigueiro Durán falará da plantación de eucaliptos nun patrimonio forestal galego e a súa lexislación.

Máis información

22 de marzo

El mundo invisible del agua: las algas

Algas

Celebramos o Día Mundial da Auga coa Dra. Daiane Trevisan Ruwer

Máis información

26 de marzo

¿Son las praderas marinas un tesoro oculto?

Praderas marinas

A Dra. Verónica García Redondo nos falará sobre as pradeiras mariñas de Zostera, a súa importancia e o porque da súa conservación.

Máis información

8 de abril

Asociación Abejas Silvestres

Abellas silvestres

A divulgación e conservación das abellas silvestres, con Ignasi Bartomeus e Ainhoa Magrach.

Máis información

9 de abril

Estado de conservación de los helechos riparios más amenazados de Galicia

Fentos

Coñeceremos o estado de conservación dos fentos riparios que están máis ameazados da man do Dr. Luis García Quintanilla.

Máis información

16 de abril

Cambios en las comunidades de macroalgas intermareales de Galicia

Macroalgas intermareais

A Dra. Cristina Piñeiro Corbeira falará sobre os cambios que sofren as comunidades intermareais de Galicia.

Máis información

23 de abril

Revista Maresía: 10 años divulgando la naturaleza cantábrica

Revista Maresía

Contaremos con César Álvarez Laó para coñecer esta magnífica iniciativa de divulgación da natureza.

Máis información

7 de maio

El mundo ignorado de las plantas

O Dr. David González Jara falará do apaixonante mundo das plantas e como a cegueira vexetal o levou a escribir o libro “El reino ignorado”.

Máis información

21 de maio

O raposo e a Enfermidade de Lyme

O raposo e a Enfermidade de Lyme

Chisco Lema falaranos sobre o efecto cascada do raposo no risco da Enfermidade de Lyme.

Máis información

7 de outubro

Outono en marcha con Senda Nova

Outono en marcha: dez anos polas paisaxes ocres de Bergantiños

Iniciativa da Asociación Ambiental Senda Nova, presentada por Xosé Manuel Menéndez.

Máis información

Encontros Naturalistas 2020

22 de xaneiro

Achégate aos morcegos

Achégate aos morcegos

Da man de Zeltia López, da Asociación DROSERA, afondaremos no mundo dos morcegos

Máis información

12 de abril

Introdución á herpetoloxía galega

Introdución á herpetoloxía galega

Coñeceremos de preto os anfibios e réptiles da nosa contorna con Ricardo Ferreiro

Máis información

22 de abril

Introdución á ornitoloxía

Introdución á ornitoloxía

Xabier Varela nos abrirá as portas ao apaixoante mundo das aves

Máis información

26 de abril

A saramaganta (Chioglossa lusitanica): historia dun endemismo ibérico

A saramaganta

Descubriremos este endemismo ibérico da man do compañeiro e experto herpetólogo Martiño Cabana

Máis información

10 de maio

Falando de lobos: O lobo na escola

Falando de lobos

Os compañeiros do Grupo Lobo e do Proxecto Rebinxe amosarán os seus proxectos de divulgación e investigación

Máis información

19 de maio

Introdución á vida secreta das abellas

Introdución á vida secreta das abellas

Conmemoramos o Día Mundial das Abellas coa compañeira Elia Pérez

Máis información

18 de xuño

Proxecto Ríos: 15 anos unindo ríos e persoas

Proxecto Ríos

Con Virginia Rodríguez e Ramsés Pérez coñeceremos un dos proxectos ambientais máis destacados da nosa comunidade

Máis información

2 de xullo

Siglo XIX en España: ¿Había entonces tantos lobos?

Siglo XIX en España: ¿Había entonces tantos lobos?

O Dr Carlos Nores virá a falarnos do lobo en España, dende a perspectiva do século XIX

Máis información

5 de xullo

A noite é necesaria. Contaminación luminosa e medio ambiente.

Contaminación luminosa

Falaremos desta problemática con Martin Pawley, da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Máis información

29 de novembro

O Monte Xalo dende unha perspectiva socio-ecolóxica

Monte Xalo

Con Beatriz Rodríguez-Morales falaremos deste espazo de gran interese arqueolóxico, histórico, etnográfico e natural

Máis información

3 de decembro

Presentación do libro Guía definitiva das aves de Galiza

Guía definitiva das aves de Galiza

Presentación por parte de Nacho Munilla, coautor da guía

Máis información

11 de decembro

Presentación do libro María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel

María das Herbas e as Herbaxeiras do Caurel. Crónica da Cultura Popular dunha Terra Extraordinaria.

Presentación por parte de María Moure de Oteyza, autora do libro

Máis información

13 de decembro

Compañeiros escondidos: miñocas e micro-miñocas dos nosos solos

Miñocas e micro-miñocas dos nosos solos

Contaremos con Rüdiger Schmelz para descubrir os segredos dos anélidos.

Máis información

15 de decembro

O que o granito de construción tradicional agocha

O granito de construción

Achegarémonos, con David Freire-Lista, ao patrimonio material e inmaterial asociado ao granito.

Máis información

22 de decembro

Lobos mariños: os fillos de Ith

Lobos mariños

Falaremos con Alfredo López das chegadas de lobos mariños cincentos ás nosas costas nestas datas.

Máis información

Encontros Naturalistas 2019

14 de febreiro

El estudio del polen para la reconstrucción del paisaje holoceno

Estudo do polen

A Dra. Sandra Robles López virá a falarnos do seu traballo no mundo da palinoloxía

Máis información

1 de marzo

Conservación en ZECs da Rede Natura 2000

Prioridades de protección de dúas especies ameazadas nunha Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000

Máis información

15 de marzo

El cangrejo de río autóctono. Tan español como el Juego de la Oca

El cangrejo de río autóctono

O Dr. Carlos Nores invitanos a descubrir o misterio que esconde o cangrexo de río autóctono.

Máis información

Encontros Naturalistas 2018

26 de xaneiro

Os visóns en España

Visones en España: ¿Los hay buenos y los hay malos?

O Dr. Carlos Nores Quesada virá a falarnos sobre os visóns presentes en España.

Máis información

21 de febreiro

Fragas do Mandeo, sete anos custodiando a natureza de As Mariñas

Fragas do Mandeo

Fernando Bandín falará do traballo desta organización baixo o marco da custodia do territorio.

Máis información

3 de marzo

Roteiro interpretativo pola costa de Dexo

Conmemoración do día mundial da vida silvestre

Visitaremos o LIC da costa de Dexo.

Máis información

25 de abril

Betula, un compromiso co bosque atlántico

Os amigos de Betula virán a amosarnos o seu traballo, centrado na contorna das Fragas do Eume.

Máis información

14 de maio

Creando la Red Ibérica de Guardianes del Bosque

Red Ibérica de Guardianes del Bosque

Os compañeiros de Reforest-Acción Network virán a falarnos desta iniciativa.

Máis información

16 de xuño

1m2 por la Naturaleza

Xornada de limpeza na praia da Abeleira

Encontro cidadán para concienciar e sensibilizar á sociedade ante o problema do abandono de residuos.

Máis información

18 de agosto

Memorial Javier Bande

As avelaiñas do Encoro de Cecebre

Achegámonos ó mundo das bolboretas nocturnas en memoria de Javier Bande.

Máis información

7 de outubro

Asociación Biomas

Asociación Biomas: formación e conservación máis aló das nosas fronteiras

Relatorio de Lara Carrasco.

Máis información

9 de decembro

X Maratón Ornitolóxica no concello da Coruña

CoruñAves

Procuraremos ver e identificar por equipos o maior número posible de especies de aves ao longo da mañá.

Máis información

Encontros Naturalistas 2017

14 de xaneiro

Picafollas

Picafollas

Damián Romay e Daniel Monteagudo falarán das diferentes subespecies de picafollas de Galicia.

Máis información

20 de xaneiro

Xabarís urbanos. Un problema emerxente

Xabarís urbanos

O Dr. Carlos Nores Quesada virá a falarnos sobre a problemática emerxente dos “Xabarís urbanos”.

Máis información

9 de marzo

Presentación do Proxecto Noucho

Proxecto Noucho

Dani Monteagudo, Carla Soaje e Santiago Vázquez falarán da iniciativa de Hábitat para as rapinas nocturnas.

Máis información

19 de abril

10 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas

10 anos do Catálogo Galego de Especies Ameazadas

Analizaremos a situación actual da man de expertos da nosa comunidade.

Máis información

29 de xuño

Que fago se atopo un animal ferido?

Que fago se atopo un animal ferido?

Por Pablo R. González Novoa, Biólogo e Técnico de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre.

Máis información

28 de xullo

Macrofotografía: o arte de achegarse á natureza

Macrofotografía

Luis Manuel Iglesias falará desta arte como ferramenta para achegarse á natureza e presentará as súas obras máis recentes.

Máis información

18 de agosto

As avelaiñas da Torre de Hércules

Avelaiñas

Guiados por Elia Pérez, instalaranse elementos para a observación e identificación.

Máis información

27 de setembro

25 anos entre golfiños e baleas

Mamíferos mariños

Compañeiros da CEMMA falarán da tarea que desenvolven.

Máis información

1 de outubro

Día das aves

Día das aves

Roteiro ornitolóxico guiado pola contorna da Torre de Hércules.

Máis información

7 de novembro

Xornada micolóxica

Xornada micolóxica

Relatorios centrados no coñecemento e a divulgación dos cogomelos e obradoiro de identificación.

Máis información

17 de decembro

IX Maratón Ornitolóxica no concello da Coruña

IX CoruñAves

Procuraremos ver e identificar o maior número posible de especies de aves dentro da Coruña.

Máis información

Encontros Naturalistas 2016

Febreiro

CoruñAves

Maratón ornitolóxica na cidade da Coruña

Máis información

Marzo

O futuro dos noso peixes e o escenario actual da pesca no Atlántico

Charla no noso local, impartida por Lucía Martínez Pose

Máis información

Abril

Presentación de libros de Antonio Sandoval y David Álvarez

Maio

Conmemoración do Día Internacional da Diversidade Biolóxica

Roteiro interpretativo contorna da Torre de Hércules

Máis información

Xuño

Entre o ceo e a Terra, roteiro de observación nocturna en Guitiriz

Roteiro nocturno con astrónomos da Agrupación Ío e naturalistas de Hábitat

Máis información

Xullo

Xornada de voluntariado coa Fundación Fragas do Mandeo

Erradicación de flora exótica invasora na contorna do rio Mandeo en Chelo

Máis información

Setembro

Xornada micolóxica
Obradoiro de identificación con Saúl de la Peña Lastra e presentación do seu libro “Guía micológica de la ISLA DE CORTEGADA”

Máis información

Outubro

Día das aves
Celebraremos o día das aves con actividades de observación e divulgación.

Máis información

Novembro

Roteiro Parque de Bens
Roteiro interpretativo naturalista e cultural polo Parque de Bens

Máis información

Decembro

Xornada herpetolóxica

Pedro Galán presenta o seu libro

Los anfibios y reptiles extinguidos. Herpetofauna desaparecida desde el año 1500

Máis información