Día das Aves 2018
A vindeira fin de semana celébrase novamente o coñecido “Día das Aves”, evento organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España dende 1987. Conscientes da necesidade de poñer en valor a nosa avifauna, dende o G.N.Hábitat [...]
Traballando pola mellora do patrimonio natural_2ª xornada (ano 2018)
O G.N.Hábitat, da man de Afundación-Obra Social ABANCA e diferentes entidades colaboradoras, continúa por terceiro ano consecutivo co programa “Traballando pola mellora do patrimonio natural”: ciclo de xornadas dirixidas á posta en valor, implicación e [...]
Encontros Naturalistas outubro 2018: “Asociación Biomas: formación e conservación máis aló das nosas fronteiras”
Continuamos os nosos Encontros Naturalistas cunha emocionante e moi interesante visita dos compañeiros da Asociación Biomas, entidade implicada na formación ambiental e a conservación da natureza máis aló das nosas fronteiras. Integrada por profesionais [...]
Hábitat acude á Feira Rural de San Sadurniño
Este sábado 25 de agosto o G.N.Hábitat ten unha cita na Feira Rural de San Sadurniño, onde teremos un espazo expositivo para informar das nosas accións a todo aquel que se queira achegar, compartindo xornada [...]
Encontros Naturalistas agosto 2018: “As avelaiñas de Cecebre” – Memorial Javier Bande Díaz.
Neste mes de agosto dedicamos os Encontros Naturalistas á memoria de Javier Bande Díaz, socio do G.N. Hábitat e entomólogo con moitos anos de experiencia no campo dos lepidópteros. Foron moitas as noites compartidas con [...]
Alegacións ao proxecto de construción do parque eólico Campelo (Coristanco-Santa Comba, A Coruña)
O pasado 9 de xullo o G.N. Hábitat enviou alegacións ao proxecto de construción do parque eólico Campelo, na contorna da Braña Rubia e Monte Castelo, nos concellos de Coristanco e Santa Comba, por estar [...]
A aula Juan Lembeye (Culleredo) acollerá a exposición do V Certame de Debuxo da Natureza
Comprácenos anunciar que o Concello de Culleredo acollerá proximamente na súa Aula de Natureza Juan Lembeye a exposición que ilustra as obras presentadas no V Certame de Debuxo da Natureza Vida silvestre do encoro de Cecebre “Auga e vida”, organizado polo G.N.Hábitat [...]
Convenio de colaboración “Integra Coruña”-G.N.Hábitat
O Grupo Naturalista Hábitat ven de asinar un convenio de colaboración con “Integra Coruña” para acoller a un participante no programa Erasmus +, programa de prácticas formativas para impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento [...]
VI promoción Escola de Naturalistas. Bloque 10: Bioblitz
A VI Escola de Naturalistas chega ó seu fin, e que mellor xeito de rematala que repasando o aprendido ao longo de todos estes meses, realizando un bioblitz. Ao longo desta andaina gozamos da natureza [...]
VI promoción Escola de Naturalistas. Bloque 10: Mesa de grandes naturalistas galegos
O vindeiro xoves 12 de xullo terá lugar un novo bloque da V promoción da Escola de Naturalistas, coa xa tradicional Mesa Redonda á que convidamos a grandes naturalistas e compañeiros para que nos falen [...]
Campaña 2018 – Vacaloura (Lucanus cervus)
Xa están a voar as nosas queridas vacalouras e dende o G.N. Hábitat voltamos a animarvos a participar na toma de citas que comezamos a recabar o pasado ano 2016 coa proclamación da vacaloura [...]
Xincana da natureza
O vindeiro venres día 29 ás 18h, achégate, xoga e aprende sobre a flora e fauna da nosa contorna, participando na Xincana da natureza que celebraremos a carón da Torre de Hércules. Unha estupenda ocasión [...]
VI promoción Escola de Naturalistas. Bloque 9: Introdución á odonatoloxía.
Continuamos ca VI promoción de Escola de Naturalistas. Este noveno bloque estará adicado á Odonatoloxía, coa charla “Introdución á Odonatoloxía” e a súa correspondente saída de campo. Nel afondaremos no coñecemento das libeliñas e donicelas [...]
Encontros Naturalistas xuño 2018 – Xornada de limpeza na praia da Abeleira
“1m2 por la Naturaleza” será un encontro cidadán, para recoller e analizar os residuos que se atopan na nosa natureza. Esta é unha das actividades que integran o Proxecto Libera, desenvolvido por Ecoembes e SEO/BirdLife, [...]
Xornada sobre rapinas nocturnas en Galicia
Un ano máis comprácenos anunciar a celebración da que será a V xornada baixo a iniciativa “Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo“, que neste 2018 centra a súa atención [...]














